Reflexionando sobre o urbanismo dende A Coruña

.enquisas de barrio

1. ¿Cales cree as razóns para establecer o límite do seu barrio?
2. ¿Cal é a máxima distancia á que se desplaza camiñando?
3. ¿Cales son os medios de transporte que utiliza?
4. ¿Con que frecuencia pasa andando preto do Obelisco?
5. ¿Cales son os dous lugares aos que soe ir mercar con maior frecuencia?
6. ¿Canto tempo por día adoita estar en espazos públicos?
7. ¿No seu barrio prefire beirarrúas máis anchas e arboradas ou máis zonas de aparcadoiros?
8. ¿Cales son os tres lugares da cidade nos que pasa máis tempo?
9. ¿Onde viven as tres persoas coas que máis te comunicas por teléfono?
10. ¿Que é o que menos lle gusta do seu barrio?
11. ¿Que é o que máis lle gusta do seu barrio?
12. ¿Preferiría vivir noutra zona da cidade ou fóra dela?

 

enquisas de cidade

>>>¿Qué duas partes recomendaría visitar a un amigo?
>>>¿Que dúas partes nas que estivo cree que son menos interesantes?
>>>¿En que dous lugares se sinte máis cómodo?
>>>No seu barrio, ¿prefire un gran centro comercial ou pequeno comercio?
>>>¿Cal cree que é a obra más necesaria na cidade?
>>>¿Que obra non tería sido necesaria na cidade?
>>>Polo xeral acostuma a sentirse máis a gusto...
>>>¿qué dous elementos non habituais che gustarían no espazo público?
>>>¿Quén cree que debe tomar as decisións na planificación da cidade?
>>>Descarga os resultados das enquisas

 

¿Qué duas partes recomendaría visitar a un amigo?

Durante o estudo Habitares este foi un dos datos máis reveladores xa que plasmaba as contradicións entre os lugares a visitar, o que non recomendaría e nos que se sinte máis cómodo. Tamén é salientable indicar que neste caso vanse obter duas respostas por enquisado polo que o primeiro resutado pode estar condicionado polo subconsciente pero o segundo indaga nos desexos individuais dos cidadáns. Os datos non deparan grandes sorpresas xa que un 28% recomendaría a visita á Torre de Hércules e os espazos do Monte de San Pedro, Paseo Marítimo e Cidade Vella son os seguintes lugares na consideración dos coruñeses. Hai, sen embargo, dous datos que son salientables. Por unha banda , as respostas fan referencia a lugares concretos e non a áreas da cidade -mostra da dificultade de considerar grandes áreas agás no caso da cidade vella. Nesa mesma liña observase unha concentración destes puntos na zona central da Coruña. Pola outra, tan so un pouco máis do 3% dos cidadáns incluiria as Galerías da Mariña como un dos dous lugares a visitar. Probablemente, a pesares da súa representatividade na cidade, a falla de coidado do entorno e a masiva presenza de vehiculos, impiden unha maior consideración por parte dos veciños.

[volver]

 

¿Que dúas partes nas que estivo cree que son menos interesantes?

Esta pregunta foi tamén realizada durante o estudo Habitares pero nesta ocasión engadimoslle a condición de ter visitado a zona. A pesares diso, a barrio de Penamoa foi unha vez máis a resposta maioritaria. Do conxunto das respostas entendemos que é conveniente salientar tres aspectos.

En primeiro lugar o 64% das opinións fan referencia a barrios mentres a mesma pregunta sobre sitios interesantes corespondense maioritariamente con lugares concretos. Este feito revela a estigmatización de algún barrios e a uniformidade coa que se perciben as zonas descoñecidas da cidade. O segundo dos aspectos salientable é que os barrios sinalados como de menor interés responden esencialmente a desenvolvementos edificatorios dos anos setenta, formando unha coroa arredor da cidade central. Tamén debemos mencionar as contradicións sobre o barrio de Montealto ou incluso a Cidade Vella, na que un importante numero de residentes defenden o seu interese pero hai unha porcentaxe elevada de cidadáns, veciños doutras partes da cidade, que mostran desinterese por estas duas zonas. Por último, entre aqueles que non citan barrios da cidade, hai un 7% do total dos cidadáns que menciona como lugares de pouco interés algunhas ruas destacando a Rua Barcelona e a Rua Orzán, ambalas dúas peatonalizadas.

[volver]

¿En que dous lugares se sinte máis cómodo?

Pechando o conxunto de preguntas sobre a súa relación coa cidade e a percepción de comodidade e interese na cidade, esta mostra serve para observar sobre o plano a concentración das respostas no entorno da cidade central e nos espazos abertos. Se ben hai un numero importante de cidadáns que afirman sentirse significativamente a gusto no seu barrio -en especial no agra e catro camiños- a maioría das respostas concéntranse no entorno da Torre de Hércules, o mirador de San Pedro e, sobre todo, a zona da Rua Real. Unha vez máis os espazos menos construidos na cidade son o lugares de maior aceptación polos cidadáns, ratificando os resultados das preguntas anteriores que denotan a dificultade de utilización da cidade actual e a procura permanente dos espazos abertos e non planificados.

A concentración de actividades e a constume dos paseos no entorno do obelisco segue permitindo que a zona sexa considerada como o espazo onde os cidadáns se sinten máis cómodos. En contraste con algúns dos datos anteriores, a Cidade Vella é para moitos dos veciños o espazo máis acolledor de A Coruña. Tamén na contorna de Riazor e a Praza de Pontevedra faise visible unha maior actividade, igual que en todo o perímetro da cidade existe unha maior acumulación de respostas.

[volver]

No seu barrio, ¿prefire un gran centro comercial ou pequeno comercio?

Esta pregunta parte da base das contradiccións entre os usos habituais dos cidadáns e os seus desexos na configuración da cidade. É habitual recurrir aos grandes centros comerciais para moitas das compras a pesares de preferir ter un entorno próximo de pequeno comercio. Neste caso os resultados son elocuentes xa que mentras o 75% dos residentes afirman preferir que no seu barrio predomine o pequeno comercio, só un 17% merca en tendas pequenas como se pode observar nas preguntas realizadas nos barrios (incluidas ao final do libro).

Incluso considerando os supermercados como pequeno comercio, algo difícil debido as devastadoras consecuencias que teñen para as tendas tradicionais de alimentación ou droguerias, a cantidade de usuarios só chegaría ao 60% o que supón que dous de cada cinco personas utilizan con maior frecuencia os centros comerciais a pesares de non desexar a súa implatación no barrio no que residen. O segundo dos datos que podemos extraer desta cuestión é a distribucción das respostas no mapa da cidade. Obsérvase un reparto uniforme das respostas no territorio ainda que existe un lixeiro incremento das preferencias nos barrios limítrofes das grandes superficies existentes. [volver]

¿Cal cree que é a obra más necesaria na cidade?

Neste caso a pregunta deixa liberdade total na resposta o que fai que algunhas das respostas estean condicionadas por situacións particulares ou temporais. Comprobamos como as demandas maioritarias atinxen a mellora do espazo público máis alo das edificacións concretas. Finalmente un de cada catro coruñeses solicita novos espazos de lecer ou de actividade co que, unha vez mais, as futuras actuacións no porto, nos baleiros da cidade existente ou nos seús bordos, van ser fundamentais para responder as demandas dos veciños. O segundo grupo de respostas fai referencia as infraestructuras pero con especial incidencia na mellora dos transportes alternativos -bicicletas, trens,...- mentres un pequeno número se referiu aos accesos rodados. Por último, neste grupo de respostas sobre o espazo público, un 13% referiuse as melloras do existente con especial recurrencia as actuacións de peatonilización de ruas e mellora de beirarúas.

Das respostas restantes, que fan referencia a edificiacións concretas, compre sinalar a alta demanda de centros deportivos e centros cívicos -un 4% dos cidadáns reclama cada un deles. Tendo en conta que a cidade ten un ratio neste eido é posible que sexa necesario buscar novos mecanismos para a optimización destes recursos e que sexan máis coñecidos polos cidadáns.

[volver]

¿Que obra non tería sido necesaria na cidade?

Como complemento á pregunta anterior era importante coñecer cales son as obras coas que os cidadáns están máis disconformes. Neste caso as respostas son especialmente concretas e concentranse en tres grandes grupos. Por un lado, as referidas a tres elementos concretos -obelisco, ascensor e tranvía-, polo outro o rexeite a algunhas obras de acondicionamento dos últimos anos e por último a oposición á excesiva construcción de centros comerciais. Cada un deles (excepto o tranvía) supón arredor do 20% das respostas.

As críticas ao obelisco e ao ascensor -como se analizará detalladamente nun dos capítulos- describen o rexeite dos cidadáns ás operacions fundamentalmente estéticas. Probablemente responden á sensación de que este tipo de inversións van en detrimento das necesidades concretas dos veciños e non aportan un valor engadido á cidade. Un caso similar de incompresión refirese ás obras de acondicionamento realizadas recentemente. Trátase probablemente dun dos datos máis reveladores do estudo xa que pon de manifesto a inutilidade de operacións de estética superficial e a conveniencia de actuar con obxetivos concretos que creen espazos convivenciais. No referente a os centros comerciais destacan as críticas hacía o Porto de Ocio. [volver]

Polo xeral acostuma a sentirse máis a gusto...

Os límites do espazo público cada vez son máis difusos e as imaxes que os cidadáns temos dos lugares nos que nos sentimos máis a gusto non sempre se corresponden coa realidade. Nesta pregunta situamos nun mesmo plano respostas de moi diferentes caracteristicas: dende o espazo semiprivado dos bares ou centros sociais ata o feito de sair da cidade, pasando por prazas e parques da urbe. Mais da metade das respostas afirman sentirse a gusto nun parque ou en zonas abertas o que nos serve de indicador da dificultade de construir espazos axeitados para o disfrute dos cidades. Especialmente salientable é a baixa porcentaxe de cidadáns que afirmán sentirse máis a gusto nunha praza.

Arredor do 20% dos cidadáns afirman sentirse máis cómodos nos bares ou centros sociais e case unha porcentaxe similar fóra da cidade. No referente ao primeiro dato, a porcentaxe alcanza o 33% na franxa de idade ata os 24 anos polo que é evidente que estamos a cometer erros na planificación do espazo público. No caso das respostas de fóra da cidade son significativos os lugares de residencia xa que unha porcentaxe elevada está xa a residir nos bordos da cidade mantendo, probablemente, fortes vinculos con as súas vilas ou parroquias de procedencia.

[volver]

¿qué dous elementos non habituais che gustarían no espazo público?

O obxetivo desta pregunta, mais aló dos resultados, e facer pensar os cidadáns pola escasez de estes catro elementos no espazo público. Como xa quedou dito, partimos da consideración de definilo como as áreas nas que as decisións non son individuais, polo que ademáis de parques e prazas, consideramos tamén ruas, baleiros urbanos ou outros lugares indefinidos da cidade.

A resposta maioritaria nas enquisas é a introducción de máis vexetación e é ademáis a primeira opción para a maioria dos enquisados. O segundo dos elementos sinalados son as zonas cubertas. Durante anos, estas desapareceron por cuestións económicas e apoiandose en cuestións de seguridade. Na actualidade, en especial para aqueles que pasan máis tempo no espazo público -maiores e pais con nenos- estas zonas son unha demanda habitual.

As outras duas opcións -zonas para comer e zonas wifi- que tiveron unha notable aceptación entre os máis novos foron plantexadas para dotar de máis actividade o espazo público. No caso dos lugares engadidos para comer e beber son a opción maioritaría entre os cidadáns entre 15 e 24 anos. A introducción de zonas wifi -como existen en varias cidades- é tamén mais suxerida polos mais novos e decrece nas seguintes franxas de idade.

[volver]

¿Quén cree que debe tomar as decisións na planificación da cidade?

Un dos obxetivos prioritarios desta investigación é reflexionar sobre a gobernanza da cidade. Esta pregunta plantexouse con catro respostas posibles -cidadáns, técnicos, políticos e entre todos- pero no caso de contestar esta última, volviamos a preguntar cal dos tres primeiros debería ser determinante nas decisións tomadas en conxunto.

Os resultados acadados mostran unha preferencia cara as decisión tomadas entre todos ou polos cidadáns ata chegar case a un 80% do total. O preguntar cal debe ser determinante nas decisións tomadas entre todos, un 41% dos enquisados entende que lles corresponde os técnicos ter a capacidade para dirimir posibles faltas de consenso no conxunto da cidadania. Os datos, polo tanto, son unha chamada de atención para os técnicos xa que o grado de desconfianza dos cidadáns na nosa actividade é significativamente elevado.

Tal vez en vindeiras enquisas cabería preguntar quen cree que finalmente toma as decisións da planificación na cidade. Nunha porcentaxe moi elevada aparecerian os distintos poderes económicos como responsables da forma da cidade. Nos, conscientemente, decidimos deixalos fora dos posibles axentes na planificación da mesma nesta primeira consulta para tratar de fomentar a reflexion sobre uns espazos urbanos nos que primen os desexos sociais colectivos sobre os intereses económicos particulares.

[volver]

Descargas dos resultados das enquisas

volver arriba

 

 

Xa se poden consultar todos os resultados das enquisas na publicación. >>>publicación

organiza

colegio oficial de arquitectos / [Delegación de A Coruña]
manuel de la iglesia, pedro taboada, jorge salgado

patrocina

coordinación

estudiommasa
luciano g. alfaya, patricia muñiz

desenvolvemento da investigación

estudiommasa
luciano g. alfaya, patricia muñiz, paula monedero, ramón fernández

equipo asesor

carlos ferrás [xeógrafo], santiago lago [economista], juan freire [biologo], carmen lamela [socióloga]

equipo de traballo

[arquitectura] Roberto Pardo, Enrique Gómez, Lucía Buceta, Verónica Miguez, María López, Silvia Candía, Juan Carlos Mancho, César Escudero, Iago Carro
[socioloxía] Camilo Fernández (coord), Aurora Abelairas, Antía Ricoy, Raquel Payo e Paula Duarte
[enxeñería] Gael Sánchez (coord), Efren Sánchez, Belén Lombardía, Irene Rabanal, Francisco Javier Tsao, Juan Ignacio Varela
[xeografía] Ángel G. Lens (coord), Irene Laranga
[fotografía] Luis M. Santalla, Paula Monedero
[deseño editorial] Jorge Pérez

obradoiros participativos

colectivo ergosfera
iago carro, jorge lamas, ricardo leonardo, pablo golpe, borja díaz
grupo dodó
juan carlos mancho, maría lópez, román corbato, silvia candía, ramón fernández, carolina jack, miguel ángel fernández
pescaderia20
rené freire, borja vilas, roi ribera, nacho sánchez, nacho hortas, césar losada, adolfo agra, concepción garcía
desescribir
lucía buceta, macario iglesias, jose manuel sánchez, felipe riola, xiao varela, alejandro fernández

deseño e difusión

Colectivo flu.or
alejandro fernández vázquez, gutier de la torre, luis m. santalla, yago liste, tomás gonzález
estudiocaravana
javier garrido